aba

Parte inferior dun monte.

Etimoloxía

Apúntase como posibilidade que teña relación con alipes –edis ‘con ás’.

Exemplos *

“Bonito pazo... a veiga, o río, e este sol morniño que baixa escorregando pola aba do monte, que calquera diría que vén dereito a este eirado.” (Cándido Pazó: Raíñas de pedra)

“Por detrás do chalé rubía a aba dun outeiro de monte baixo, e á esquerda da fotografía os dous cabeiros inversos da fábrica de ladrillos mordían un ceo estival.” (Aníbal C. Malvar: Unha noite con Carla)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.