abatemento

Diminución considerable do ánimo.

Etimoloxía

Formouse a partir do verbo 'abater', que procede do latín abbattuere, e este de battuere (‘bater’), probablemente de orixe celta.

Exemplos *

“O taberneiro ía insistir nas palabras consoladoras, pero á vista do abatemento do mozo preferiu calar, e púxose a pasar un pano inútil polo taboleiro, sen erguer os ollos ós del para non atrapallalo máis coa contemplación da súa febleza.” (Xosé Manuel Martínez Oca: As florestas do Mañuena)


“Quen tivese coma min a oportunidade de escoitalo, sobre todo no estado de abatemento no que eu me encontraba, descubriría un coñecemento exacto da literatura e unha maneira sorprendente de dicir máximas magníficas como se todo, no fluír da súa palabra, non fose máis ca unha constante inspiración, un continuo obedecer ás musas.” (Manuel Forcadela: Paisaxe con muller e barco)
 

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.