aceda

Planta herbácea da familia das poligonáceas, da que existen diversas especies silvestres ou cultivadas, de follas grosas e de sabor acedo, que se utiliza na cociña como condimento ou en ensaladas, e que ten tamén aplicacións medicinais.

Etimoloxía

Deriva de acedo, do latín acetum –i ‘vinagre’.

Exemplos

“... toda a tarde a apañar follas de acedas e castiñeiro para o peixe, raspando tixolos para o azafrán ou mexando na area para cocer outro bolo de pan.” (Xabier Lorenzo Tomé: O paxaro que canta un nome)

“... van aparecer no aire de gran parte da península concentracións polínicas do xénero de quercus, -aciñeiras, sobreiras e carballos-, ligustro, castaño, ortigas, chantaxes, fariñóns e acedas.” (O Correo Galego 31-05-1999)