adestrador

Persoa que, mediante os exercicios adecuados, prepara os deportistas para que estean en forma e manteñan a disciplina.

Etimoloxía

Fórmase por sufixación deverbal a partir de 'adestrar', que á súa vez remite á base adxectiva 'destro' (do latín dexteru ‘destro, hábil’).

Exemplos *

“Foi o peor ano que tivo o Salvaterra, tanto polo problema do campo de fútbol coma polo cambio de adestrador.” (A Peneira, 219)

“A culpa de todo téñena os adestradores, banda de necios, procuradores de resultados positivos, de éxito, ganadores.” (Xosé Carlos Caneiro: Un xogo de apócrifos)

 

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.