agarrado

Baile no que a parella se move abrazada.

Etimoloxía

Deriva de agarrar, e este de garra, que se considera que procede dunha forma árabe garfa ‘presa’.

Exemplos *

“Sobre bailes e instrumentos Luís Prego fixo unha recompilación e conta, como exemplo, que en Avión se adoitaban interpretar unha xota, unha muiñeira e un “agarrado“.” (Antón Escuredo: Sermos Galiza 09-11-2012)

“Eu vixiaba as parellas e aprendía a bailar pasodobres e tangos e o agarrado.” (Xesús Manuel Marcos: Terra queimada)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.