agro

Terreo de cultivo, por contraposición a terreo a bravo, souto, prado, seara, campo ou aldea.

Etimoloxía

Procede do latín ager, agri ‘terreo cultivado’.

Exemplos *

“O avó era, vello, vellísimo, de sesenta e cinco anos, tiña moita menos forza, non traballaba case no agro ...” (Afonso Eiré: Eu tamén fun coas vacas)

“Hai moitas mulleres entre os 18 e os 55 anos que, aínda traballando no agro, non cotizan debido ás fortes cargas económicas ...” (Ana Romaní e Begoña Caamaño: Tempos Novos 03-1998)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.