agulla

Barra fina de metal ou doutro material, acabada en punta por un extremo e cun orificio por onde se pasa un fío, cordel etc., para coser e bordar.

Etimoloxía

Tomouse do que en latín era un diminutivo de acus –us ‘agulla’

Exemplos *

“Recordaba emocionado a tarde en que a nai e as tías, dálle que dálle á agulla, no balcón da horta, entre contos, lle coseran unha casulla e unha alba ...” (Carlos Casares: Ilustrísima)

“Así catro ou cinco horas, subindo e baixando, chumbeando, que lle dicimos nós, como unha agulla entrando e saíndo da tea.” (Marilar Aleixandre: O coitelo en novembro)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.