aixola

Ferramenta que consta dunha prancha de aceiro co bordo cortante duns dez centímetros, unida a un mango curto, que se usa para desbastar a madeira.

Etimoloxía

Procede dun diminutivo latino asciola, xa que a denominación que tiña esta ferramenta era ascia.

Exemplos *

“Os barcos eran dous castiñeiros que se arrincaban e se cortaban pola raíz e escarvábanse por dentro cunha aixola e por atrás poñíanselles unhas táboas.” (Augusto Pérez Alberti: Teceláns. Viaxes)

“Tamén empregan aixolas de dous tipos: «aixola de man» e «aixola de pé».” (Xosé Antonio Fidalgo Santamariña: Os saberes tradicionais dos galegos)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.