álcali

Hidróxido dun metal do grupo dos alcalinos.

Etimoloxía

Indícase que a orixe deste termo se remonta ao árabe al-qalyi ‘sosa’.

Exemplos *

“Son rochas ricas en Ca, Mg, Fe, alúmina e álcalis, e dentro do macizo podemos distinguir 3 facies distintas.” (Fernando Lahuerta Mouriño e Nicolás Lucas Domínguez: Itinerario xeolóxico no norte de Galicia)

“… as Rochas Básicas, pobres en alúmina e álcalis e ricas en ferro, magnesio e calcio.” (Juan Carlos Mirre: Guía dos minerais de Galicia)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.