alfinete

Peza de metal, de forma, tamaño e grosor similares aos da agulla, acabada en punta nun dos extremos e nunha cabeza no outro e que se usa para prender ou suxeitar.

Etimoloxía

A súa orixe está na denominación que tiña en árabe, al-hilal.

Exemplos *

“Este traballo tense que facer cun punzón, aparello que ben pode ser un alfinete grande ou unha punta á que se lle pon unha cabeza de cortiza ou madeira para traballar máis a xeito.” (Mario Gallego Rei: Os encaixes)

“Culpas que viñan incubándose coma vermes que acaban sendo monstros cuns dentes como ducias de puntas de alfinete.” (Jaureguizar: As horas sucias)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.