algueirada

Diversión buliciosa

Etimoloxía

De procedencia escura.

Exemplos *

“Miramos pola fiestra , e, sen saber como, vímonos rodeados de xente en algueirada.” (Antonio Rodríguez Baixeras: O rei dos ameneiros, 1987)

“Xa levabamos tres ou catro horas sentados á papatoria cando escoitamos un ruído que viña de abaixo, diferente á algueirada que facían os romeiros” (Hixinio Puentes: Aguillóns de Ortegal, 2005)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.