alifafe

Pequena alteración da saúde, crónica e de escasa gravidade.

Etimoloxía

Tomouse do árabe an-nafah, que denominaba inicialmente un tumor propio dos cabalos.

Exemplos

“... fuxira eu coma da peste buscando o automatismo, queréndome comportar coma se os alifafes da miña enfermidade non volveran marcarme a pel, non regresara a conciencia febril do pesadelo.” (Xabier López López: O caderno)

“... a Elisarda aproveitaba para disparar todo o seu arsenal de enfermidades, diversos alifafes, achaques, xaquecas e mil e unha variantes psicosomáticas ...” (Henrique Dacosta: Unha mada de doce relatos)