aliñación

Conxunto de xogadores que forman un equipo para un determinado partido, segundo o seu posto ou función.

Etimoloxía

Formado por derivación a partir do verbo 'aliñar', que se constrúe engadindo o prefixo a- e mais o sufixo -ar sobre o substantivo 'liña' (do latín linea).

Exemplos *

“Aínda que nada era tan emocionante como cando chegaban os venres e seleccionaba o dial da miña antiga e magnífica radio e escoitábao recitar as aliñacións.” (Antón Castro: Vida e morte das baleas)
            

“O técnico negou que especulara coa aliñación antes do partido.” (O Correo Galego, 26/2/1995)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.