almiscre

Substancia untuosa de cheiro intenso, que se extrae dun animal da familia dos cervos, utilizada en cosmética e perfumaría

Etimoloxía

Termo que procede do árabe al-misk, proveniente, á súa vez, do persa musk 'testículo'.

Exemplos *

“E é que claro, segundo ela, Cary ulía a almiscre e a algodón con laranxa polas mañás.” (Inma López Silva: Concubinas, 2002)

“...portando aquel percheiro cara ao hotel, as súas babuchas gastas e sucias de terra e suor, por entre aquelas ruelas ateigadas de xente e de recendos intensos a herbas orientais, menta, almiscre, ourego, anís.” (Manuel Portas: Denso recendo a salgado, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.