ameixa

Froito comestible da ameixeira, de pel lisa e polpa consistente apegada á carabuña, con moito zume, e que, segundo as variedades, pode ter forma redonda ou oval e cor amarela, morada etc.

Etimoloxía

De orixe discutida, proponse en xeral que proceda da expresión latina damascena (pruna), se ben para outros estudosos viría igualmente do latín, pero da forma myxula, diminutivo de myxa, voz tomada do grego.

Exemplos *

“…dixo se eu non sabía que dona Clara lle daba ameixas e mazás cando cativo, pero eu teño visto moita froita apodrecer na horta de Lagares” (Antonio Rodríguez Baixeiras: O rei dos ameneiros)

“Uns cinco anos maior ca min, era o mellor nadador, o mellor xogando ó futbol e gabeando polas lindes para roubar ameixas ou fatóns.” (Miguel Vázquez Freire: Galería de esquecidos de Feliciano Lobelo).

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.