aminoácido

Composto orgánico compoñente fundamental das proteínas, que contén un grupo amino e un grupo ácido.

Etimoloxía

Neste composto combínanse amino (‘amina’) e ácido, procedente do latín acidus, -a, -um, co mesmo significado.

Exemplos *

“Aínda que todas as proteínas son elaboradas a partir dos mesmos 20 aminoácidos, cada especie ten as súas proteínas específicas, distintas das doutras especies mesmo moi emparentadas.” (Daniel Soutullo: Os xenes e o futuro humano)

“Dicía que os raios eran, á vez, criadores de vida e asasinos en serie, pero que algún día serían domesticados polo home e convertidos nunha fonte de enerxía limpa e segura. Tamén aseguraba que eran fertilizantes e que producían aminoácidos.” (Carlos G. Reigosa: A lei das ánimas)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.