amoucar

Facer, unha enfermidade, unha molestia, un suceso desgraciado etc., que alguén se sinta sen enerxías ou sen ánimo e adquira un aspecto triste e apagado.

Etimoloxía

Unha posibilidade é que se formase a partir de 'mouco', se ben as explicacións sobre a súa orixe difiren bastante unhas das outras.

Exemplos *

“Será ben ter unhas palabras coa patroa. A anciá permanecera amoucada nun recanto, mentres nós nos distraïamos cos pormenores da escena do crime.” (Bieito Iglesias: O mellor francés de Barcelona)


“Eu tiña os ollos arrasados de bágoas. Outra mestra díxolle: – Non lle fagas caso. Está amoucado polo amigo.” (Xesús Manuel Valcárcel: O capitán lobo negro)
 

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.