Xoguete que consiste nunha roda eneixada no extremo dun pau.
Etimoloxía
Formado coa combinación do verbo ‘andar’ e o substantivo ‘camiños’.
Exemplos *
“A roda, diante si, de andacamiños. Chegan á Terra Cha, lentos e graves, coa primeira nevada os cordaneiros.” (Aquilino Iglesia Alvariño: Cómaros Verdes)
“Nunca máis tiven que a miña alegría de neno. As miñas casiñas de corozos na lareira as miñas carroulas e andacamiños ledos.” (Aquilino Iglesia Alvariño: Leva o seu cantare)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.