anorak

Chaqueta con carapucha, feita de fibra e acolchada

Etimoloxía

Préstamo do francés anorak e este foi tomado da lingua dos inuits, onde tiña o mesmo significado.

Exemplos *

“Aghora imos, que vai empezar o partido _aprema Manolo póndose con dificultade o anorak que o convertía nun oso.” (Mª Xosé Queizán: Ten o seu punto a fresca rosa, 2000)

“Fíxome poñer dous pares de carpíns e unha camiseta de felpa, e por riba a camisa, e por riba da camisa un xersei, e por riba un anorak.” (Manuel Darriba: Brais e os demais, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.