anoxo

Sentimento de desgusto e rabia á vez.

Etimoloxía

Anoxo formouse a partir de 'anoxar', e este a partir de 'noxo', que procede do latín in odiu.

Exemplos *

“…anulou o primeiro gol por un fóra de xogo inexistente, pechou os ollos en varios penaltis clarísimos e ao final, vendo o anoxo dos espectadores que lle repasaban a súa árbore xenealóxica, deu por bo un gol do defensa Bertorellas.” (Antón Riveiro Coello: As rulas de Bakunin)


“Un cigarro nunha man, na outra o lapis, a súa faciana era un caleidoscopio e non se lle ocorreu outra palabra que máis lle acaese: unha fasquía seria; outra, aínda máis, coas cellas crebadas; un sorriso sutil; un sorriso aberto; un ricto de anoxo.” (Xavier López López: O caderno)
 

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.