antivirus

Programa informático que busca e elimina virus e códigos maliciosos e que protexe fronte á entrada de novos virus

Etimoloxía

Vocábulo formado polo prefixo anti- aplicado a “virus”, que chega desde o latín virus, -i ‘zume, veleno’.

Exemplos *

“Creamos o produto, mais axiña creamos o virus para o atacar e deseguido, o antivirus para rescatalo.” (Fina Casalderrey: De Luns a Venres, 02-15-2013)

“O mellor é formatealo e volver a pasa-lo antivirus, pero, se necesitámo-los datos que contén e non podemos perdelos, podemos intentar que o noso programa antivirus elimine o virus do disco flexible sen ter que formatealo.” (Emilio García Roselló: Guía de Introducción á Informática, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.