árabe

Idioma orixinario de Arabia falado tamén por outros pobos musulmáns.

Etimoloxía

Chegou desde o latín arabs –bis, denominación dos habitantes de Arabia.

Exemplos *

“A realidade é que non achamos moreas de espectáculos en que uns falen en catalán, outros en alemán, estoutros en bretón e en árabe e aqueloutros en chinés.” (Goretti Sanmartín Rei: Nos camiños do entusiasmo)

“Na “terra dos fur” -ese é o significado de Darfur en árabe-, asístese a un conflito, que ten a súa orixe no desigual acceso ao poder político das etnias negras […]fronte ás comunidades árabes …” (Alfredo Iglesias Diéguez: Galicia Hoxe 05-08-2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.