argazo

Conxunto de algas que bota o mar contra as praias.

Etimoloxía

Parece que se creou a partir de alga, que procede da forma idéntica do latín.

Exemplos *

Ollaban entón as dunas, o argazo estrando a praia, a desolación marítima que os aterecía." (Xosé L. Méndez Ferrín: Antón e os inocentes)

Agora xa temos que darlle tamén parte do que se colle no monte comunal, e o outro día algúns tiveron que levarlle argazo do mar pra estercarlle as terras." (Xoán Bernárdez Vilar: Un home de Vilameán. Anatomía dunha revolución)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.