artesa

Recipiente grande de madeira, xeralmente con catro patas e tampa, máis estreito no fondo que por arriba, no que se amasa o pan.

Etimoloxía

Considérase que é unha forma prerromana que denominaba un recipiente fondo.

Exemplos *

“Xa non cultivaban nin millo nin centeo, polo que a fariña e o fermento llo proporcionaba o panadeiro da vila, quen algúns días incluso lle axudaba ao padre Nicanor a amasar na artesa ao modo tradicional.” (Alberto Canal: Conexión Tubinga)

“Hoxe, agardando a cotiá chegada de Rosa, sentiu a nostalxia da casa da aldea, aquela da artesa na que cheiraba a fariña e o fogar ...” (Xosé Francisco Fernández Naval: Tempo de crepúsculo)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.