astro

Calquera corpo celeste, como o Sol, as estrelas, os planetas ou os cometas.

Etimoloxía

Palabra culta que chega desde a grega ástron que significaba 'astro' en oposición a áster que indicaba 'estrela'.

Exemplos *

"O astro vaise inclinando sobre a península do Morrazo, o lado oposto da ría, fronte á cidade, e sobre as illas Cíes, tres escarpadas montañas que protexen a baía das iras atlánticas." (Mª Xosé Queizán: Ten o seu punto a fresca rosa)

"…préstame atención: un cosmonauta que marcha da Terra para visitar un astro que se atopa a centos de billóns de quilómetros." (Xabier López López: O caderno)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.