astronomía

Ciencia que estuda os astros, a súa formación, evolución etc., e o espazo en que se moven.

Etimoloxía

O nome desta ciencia chegounos a través do latín, pero procede do grego astron ‘astro’ ao que se lle engadiu o sufixo para formar substantivos abstractos.

Exemplos *

“Galileo perfeccionou o incipiente telescopio, e fixo descubrimentos clave para a moderna Astronomía.” (Gonzalo Vilas: A Nosa Terra 15-01-2009)

“… para concitar o sono, lía manuais de astronomía porque saber das distancias entre estrelas axuda moito a sentirse insignificante e a non cultivar o ego.” (Diego Ameixeiras: Tres segundos de memoria)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.