báculo

Bastón para apoiarse ao andar.

Etimoloxía

Procede da denominación que tiña en latín, baculum –i.

Exemplos *

“Sacou os anteollos e alindou os pelos bravos dun bigote tricolor:"ten o labio da República", rosmou un velliño que gastaba báculo.” (Xosé Vázquez Pintor: A memoria do boi)

“Os nosos máusers non eran fusís de asalto, senón vellas escopetas de cazar alces e cervos, caxatos, báculos, os aquelados soportes de pau dos nosos fardeis de vagabundo.” (Xabier López López: Os libros prestados)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.