baixío

Banco de area no mar, na ría, ou no río, que queda a pouca profundidade ao baixar a marea ou o caudal e que supón un risco para a navegación.

Etimoloxía

Formouse a partir de baixo, que procede da palabra do latín vulgar bassus, que tiña o sentido de ‘gordo e pequeno’.

Exemplos *

Unha vez cargada a presa a bordo, sen dedicar nin un só minuto a verificar o contido dos cofres, levantaron a áncora do baixío e despregaron ao vento todo o velame" (Xosé Carlos Fernández Caínzos: Os espidos pés do destino)

Christian comezou a ser el mesmo un barco á deriva, mellor, un pecio que as tormentas do mundo guindan contra os baixíos pérfidos da sociedade." (Xoán Fuentes Castro: O pescador de cana)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.