balea

Mamífero da orde dos cetáceos do que existen diversas especies, propio dos mares fríos, semellante a un enorme peixe, coas extremidades anteriores en forma de aleta e a aleta caudal horizontal.

Etimoloxía

O nome herdámolo da súa forma latina, balaena, -ae, tomada do grego.

Exemplos *

“Trabazo parecía tan obsesionado coas robalizas coma o capitán Ahab coa balea branca.” (Domingo Villar: A praia dos afogados)

“Cando desapareceron as derradeiras baleas, ou os bosques tropicais, ou tantas linguas como había… estaba a desaparecer tamén unha parte de nós.” (Agustín Fernández Paz: O centro do labirinto)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.