bancada

Fileira de asentos dun estadio, circo etc., desde os que se presencia un espectáculo.

Etimoloxía

Fórmase engadindo o sufixo –ada (‘colectivo’) á base substantiva 'banco' (do francés antigo bank e este dunha probable voz xermana banki).

Exemplos *

“Os teitos da casa dos pais do noso son tan altos que fan pensar na altura das aulas dunha facultade, ou na altura das bancadas dun campo de fútbol, ou na altura dunha igrexa, ou mesmo na altura do interior dunha casa que teña os teitos a seis ou sete metros do chan.” (Xosé Cid Cabido: Grupo Abeliano)
        

“As súas maneiras no campo lembraban, lixeiramente, as do holandés da laranxa mecánica Resembrink, alcume que os seguidores do seu equipo galego adoptaron para animar desde as bancadas a Dani Val.” (Lino Braxe: A cor do ceo)

 

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.