barranco

Descenso brusco e profundo do terreo.

Etimoloxía

Inclúese entre as voces de orixe prerromana.

Exemplos *

“O río cae nun barranco de lousas moi fondo dunha altura de máis dunha ducia de metros de altura.” (A Nosa Terra 15-01-2009)

“Estaban detidos nun miradoiro, dentro do coche e ao pé do barranco. Ao lonxe entre as montañas víase o mar, por encima da néboa.” (Xurxo Borrazás: Contos malvados)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.