beirarrúa

Espazo nas marxes dunha rúa, cunha certa elevación sobre o nivel desta, para que circulen os peóns.

Etimoloxía

Formouse pola combinación dos substantivos ‘beira’ e ‘rúa’.

Exemplos *

“O auto está aparcado de mala maneira, invade a beirarrúa e impídelles ós mozos da estación encargados das maletas circular axeitadamente.” (Xosé Antonio Perozo: Martázul)


“Fóra, a treboada estoupara de vez e o ceo descargaba, agora, sobre a cidade tinxida de amarelo e penumbra toda a súa contida lumieira en pingas vingativas e mestas a rebentaren sobre os catro malpocados transeúntes que corrían pola beirarrúa e que atravesaban sen saber ben onde dirixirse”. (Xosé Ramón Pena: A era de Acuario)
 

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.