besta

Femia do cabalo.

Etimoloxía

Do latín bestia, -ae ‘animal salvaxe’ partiu a nosa denominación.

Exemplos *

“Pasados catro días, unha noite escura e mollada, Xoán e mais eu, cada un en súa besta, partimos camiño de Macedo.” (Silvio Santiago: O silencio redimido)

“… romaría de pandeiros, latas, axóuxeres, foguetes e rinchos de besta enchéndose o silencio de estoupidos e a escuridade de luceiros.” (Roberto Vidal Bolaño: Ledaíñas pola morte do meco)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.