bikini

Traxe de baño feminino de dúas pezas.

Etimoloxía

Este substantivo procede do topónimo que denomina un atol do Pacífico onde se realizaran probas nucleares, polo explosivo que se considerou no seu momento.

Exemplos *

“Gustaríame ser coma eles, os desta revista que Nico trouxo para a avoa, actores que posan co novo amor na nova casa, modelos esveltas na pasarela, familias reais na escaleira dun palacio, a viúva Carolina de Mónaco co seu bikini de loito …” (Manuel Rivas: Os comedores de patacas)

“… Toni encontrouse ante unha muller en bikini que tomaba o sol xunto a unha mesa de cemento cunhas lentes de sol dispostas sobre os ollos e nunha actitude que, desde o principio, lle resultou moi cordial.” (Manuel Forcadela: Barato, barato)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.