billeteira

Carteira de pequeno tamaño apropiada para levar diñeiro en billetes, así como determinados documentos.

Etimoloxía

Deriva de billete, procedente do francés billet, que nun principio era billette, e antes bulle ou bullette ‘documento’.

Exemplos

“Na billeteira de Félix non se ve diñeiro, pero si hai unha chea de tarxetas de visita e papeis con apuntamentos.” (Paco Martín: A bisneta lercha)

“Verás, Roberto, estou sen un can, preciso cartos. El, tan cabaleiro, fixo ademán de tirar a billeteira, pero eu corteino: -Mañá pola noite, mellor.” (Ramón Caride Ogando: O sangue nos camiños)