bioloxía

Ciencia que ten por obxecto o estudo dos seres vivos.

Etimoloxía

Creouse partindo dos elementos gregos bio 'vida' e logia 'ciencia, arte'.

Exemplos *

"Ora, o meu protagonista non tiña a miña sorte, ben e proporcionadamente encarnada nunha fermosa profesora titular de bioloxía especializada en investigación neurolóxica …" (Antón Dobao: Incertos)

"O estudo dos xenes (xenética), a base física da herdanza, pasou de ser unha disciplina de interese exclusivo de persoas iniciadas na bioloxía e materias afíns, a se converter nunha fonte constante de noticias de grande impacto …" (Daniel Soutullo: Os xenes e o futuro humano)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.