bobina

Dispositivo dun circuíto eléctrico formado por un arame condutor destinado a crear un campo magnético ao pasar a corrente eléctrica.

Etimoloxía

Chegou do francés bobine, voz creada por semellanza con babine ‘labio’.

Exemplos *

“… dos aparellos aprovéitanse o cobre das bobinas dos monitores, o ouro de determinados contactos eléctricos etc., pola irrisoria cantidade de 1,50 euros día cunhas aínda máis ridículas medidas de seguridade.” (Ramsés Pérez Rodríguez: Guía de ecoloxía cotiá. Ideas e accións para un consumo sustentábel)

“A bobina seica estaba ben e as buxías eran novas. Damián non comprendía o que estaba a pasar con aquel motor e así llo fixo saber a Lucas.” (Xavier Manteiga: Morrer na herba)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.