bolsa

Obxecto de tea, papel ou doutro material similar, que forma unha cavidade aberta unicamente por arriba, provisto ou non de asas para collelo, e que serve para gardar ou transportar todo tipo de obxectos.

Etimoloxía

Procede do latín bursa, -ae, que se tomara do grego.

Exemplos *

“Mantiña entre as pernas a bolsa de praia, que, en realidade, se trataba dun estoxo de cámara de vídeo …” (Marcelino Fernández Mallo: Cabilia)

“Á beira da piscina quedaban a toalla branca e maila bolsa de coiro marrón.” (Paco Martín: Tres historias pra ler á noite)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.