bordón

Bastón ou vara máis altos ca unha persoa e, xeralmente, arqueados na parte superior.

Etimoloxía

Púidose orixinar do latín burdo –onis, denominación do cruzamento entre cabalo e burro que logo se aplicou para o obxecto de apoio.

Exemplos *

“Coa man dereita terma do bordón e coa esquerda dun libro, por debaixo do que pendura o zurrón para as escasas vituallas.” (Clodio González Pérez: Galicia Hoxe 13-11-2010)

“... un grupo de mozos de louras cabeleiras, ataviados de peregrinos, con sombreiros, bordóns e cabazas, desfilaron por diante da cafetería en dirección á praza do Obradoiro.” (Carlos G. Reigosa: Xentiario)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.