braña

Terreo moi húmido que pode ser prado ou monte baixo.

Etimoloxía

Considérase un termo prerromano, quizais de orixe celta.

Exemplos *

“Unha pequena camiñada para coñecer o val glaciar de Piornedo ou de Bous, no rego da Veiga Cimeira ou da Ponte de Bous, onde podemos contemplar unha fermosa paisaxe e unha boa representación da flora e fauna dos Ancares en montes, prados e brañas.” (Sermos Galiza 21-09-2012)

“Oito quilómetros a través de leiras de cultivos tradicionais, pequenas brañas, toxeiras e uceiras costeiras nunha liña litoral chea de cantís de percebe, pedras furadas de cacholas, furnas e praias de croios foi unha vez máis o escenario para reivindicar a natureza e a vida da costa galega.” (Galicia Hoxe 20-04-2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.