braseiro

Recipiente metálico que se enche de brasas, usado como sistema de calefacción

Etimoloxía

Palabra derivada de “brasa”, que ten unha orixe discutida, posiblemente prerromana.

Exemplos *

“Percorría as rúas unha friaxe sólida, unha labazada de xeo que encirraba a deixa-las rúas desertas e a habita-lo mundo de braseiros das casas.” (Xabier López López: O caderno, 2001)

“Se vos levantades con dor de cabeza pola mañá, probade a mellorar a ventilación dos aparatos que queimen combustible (calefaccións de gas, chemineas, braseiros etc.)” (Xurxo Mariño Alfonso: Po de estrelas. Novas receitas científicas de Os dados do reloxeiro, 2007)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.