brinco

Pendente con forma de aro.

Etimoloxía

Proponse que proceda do latín vinculum, -i, derivado de vinculare ‘unir’.

Exemplos *

“A morte estaba, pálida, alén da porta da montaña de Penagache, e levaba brincos de prata nas orellas; dous.” (X.L. Méndez Ferrín: Arraianos)

“¿Tiña que lle estar agradecido, sentir mágoa agora que o seu corpo despedía unha luz fría e inerte coma a dos seus aneis e mailos seus brincos?” (Xavier López López: O caderno)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.