bruxo -a

Persoa con coñecementos de medicina natural a quen se lle atribúen poderes sobrenaturais, que realiza curacións, adiviña o porvir etc.

Etimoloxía

Discútese a súa orixe, para a que se propón procedencia prerromana.

Exemplos *

“Contaba a historia dos irmáns Grimm que Hansel e Gretel foran raptados por unha bruxa mala e que, ao final, conseguían escapar.” (De Luns a Venres 01-03-2013)

“Pasamos na procura varias horas, e xa desesperabamos de atopalo cando chegou o bruxo, subido no seu carro, e escoltado por máis homes e ogros.” (Xosé Miranda: Historia dun paraugas azul)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.