cabuxo

Enfado que dura pouco tempo.

Etimoloxía

A explicación que se propón sobre a súa orixe é que proceda de 'cabra' (do latín capra) do que tamén procede 'cabrear'.

Exemplos *

“E se non a queres aturar, daquela pérdeste -cortoume cun ton case de cabuxo.” (Lois C. Carballal: Historias non irreais)


“Pero como ela non facía caso do meu cabuxo, acabei por me marchar. A min xa non me quería ninguén: nin a miña tía, nin a miña nai. Eu xa non significaba nada no mundo.” (Xosé Manuel Martínez Oca: Os chapurros)
 

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.