cadencia

Distribución adecuada e harmónica dos acentos e das pausas no verso e na prosa.

Etimoloxía

Tomouse do italiano cadenza, que nos levaría ata o latín cadere ‘caer’, ‘parar’.

Exemplos *

“Rosa reconstruíu estes catro versos das varias cadencias e repeticións ...” (Antonio Rodríguez Baixeiras: O rei dos ameneiros)

“Da cabeza da manifestación empezou a saír un berro rumoreado, case inintelixible. Logo concretouse na cadencia infantil dun pareado: "Que boten directores e non traballadores".” (Xosé Manuel Martínez Oca: Beiramar)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.