cagainas

Persoa que adoita sentir medo ou que carece de valor para enfrontarse aos perigos

Etimoloxía

Palabra coloquial derivada sobre o verbo “cagar” que procede do latino cacare ‘evacuar, defecar’.

Exemplos *

“«¡Cagainas, que es un cagainas! ¿Tivéche-la desvergoña de acepta-los cartos sabendo que lle escapas ata ós ratos?»” (Xabier López López: Biff, bang, pow. Novela case negra, 1997)

“Unha mala mestura de políticos cagainas e militares fogosos.” (Carlos G. Reigosa: A lei das ánimas. A novela da santa compaña, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.