caixa

Instrumento musical de percusión en forma de cilindro cuberto por unha pelica moi tensa contra a que se bate cuns paus.

Etimoloxía

Evolucionou a partir da forma latina popular capsea, que no latín culto era capsa.

Exemplos *

“Os instrumentos principais de percusión son: timbais, bombo, caixa, pratos, crótalos, pandeireta, …” (Mónica Groba Lorenzo: Introdución á linguaxe musical)


“Se lle parecer, eu podo tocar o saxo e deixarlle a el a caixa.” (Euloxio R. Ruibal: De corpo enteiro)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.