calella

Rúa ou camiño moi estreito.

Etimoloxía

Orixinouse como diminutivo da forma 'cal', no seu sentido de ‘leito’ ou ‘suco’.

Exemplos *

“A gramática do medo, proclive a discorrer a través de imaxes, transportoume a un edificio de pedra gris, enreixado, ó que se entraba por unha porta traseira camuflada nunha calella.” (Xosé Antonio Moreno: O cable inglés)


“A porta da tenda fechada, cando tiña que estar aberta, agora abrían tamén os sábados pola tarde, un papel con algo escrito avisando da defunción, entramos pola calella do lado cara a entrada traseira á vivenda.” (Suso de Toro: Calzados Lola)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.