camerino

Cada un dos cuartos que hai nun teatro ou sala de espectáculos, onde se visten e preparan para actuar os actores e artistas.

Etimoloxía

A palabra procede da forma idéntica do italiano, diminutivo de càmera ‘cámara’.

Exemplos

“A serea erguía o queixelo fitando para o seu camerino, ignorando os comentarios desagradables que lle formulaban os bebedores.” (Jaureguizar: Cabaret Voltaire)

“Esta película marcou para sempre a memoria colectiva de calquera cinéfilo coa escena na que o artista, ante o espello do seu camerino, vai desposuíndose dos seus atributos de cómico ata quedar transformado nunha patética e esgazadora máscara de si mesmo.” (A. Castillejo: Galicia Hoxe 19-04-2009)