camioneta

Vehículo semellante ao camión pero máis pequeno.

Etimoloxía

Deriva de camión, tomado do francés camion, voz de orixe descoñecida.

Exemplos *

“Camiño do ansiado descanso, unha fenda na estrada detivo subitamente a carreira da nosa camioneta.” (Xerardo AgraFoxo: O violinista de Malá Strana)

“... xa non saíu de aquí, practicamente para nada máis que para encargar a compra que lle traían nunha camioneta unha vez por semana, ou para ir á misa ...” (Francisco A. Vidal: Os pecados capitais)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.